Ameijide propón crear unha rotonda para mellorar o tráfico na Ronda de Fingoi

O Grupo Municipal Popular presentou esta mañá unha batería de propostas para mellorar a mobilidade na Ronda de Fingoi suxerindo a creación dunha rotonda na intersección desta vía con Alfonso X co obxecto de mellorar a fluidez do tráfico.

O voceiro da agrupación, Antonio Ameijide, subliñou que a intensidade de vehículos varía moito dependendo das horas de entrada e saída do centro escolar ou da afluencia de vehículos do Campus e das instalacións deportivas polo que en numerosas ocasións os sinais semafóricos ralentizan o paso de vehículos. Ameijide asegurou que a solución que propoñen é sinxela e pasa pola instalación dunha rotonda.

O voceiro do PP indicou que esta é unha das propostas que o seu Grupo presentará en Comisión para potenciar a mobilidade desta  zona así como a de dar continuidade ao único tramo de carril bici que discurre paralelo a esta vía. Neste momento, segundo indican os populares, os únicos 1.500 metros de carril-bici de Lugo, “proxectados e construidos polo Partido Popular” sufren un deterioro importante. Ameijide detallou que “está despintada a sinalización horizontal, o mobiliario está deteriorado e faltan papeleiras. Asemesmo o pavimento nalgúns puntos levantado e roto, ademais os bordillos do carril bici están cubertos de malas herbas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com