Ampliase o prazo para a obra de peonalización de Montevideo

O Concello de Lugo concederá unha ampliación de prazo de 38 días laborais para a obra de peonalización que se leva a cabo dentro do Proxecto Corazón Verde, entre a porta da Muralla de Bispo Odoario e a Praza de Ferrol, e que supón a peonalización e humanización de espazos tan importantes do Centro Histórico como as rúas Montevideo ou Bolaño Rivadeneira.

A medida foi adoptada logo de que onte, 25 de febreiro, a empresa que acomete este proxecto, Xestión Ambiental de Contratas, presentara unha solicitude na que acredita a influencia que tivo sobre os traballos a aparición dos restos arqueolóxicos atopados en Bolaño Ribadeneira e documenta que algunhas das xornadas do actual prazo – aínda en vigor – tiveron que ser suspendidas por climatoloxía adversa, fundamentalmente episodios de choiva que afectaron de xeito directo nas actividades de pavimentación e, en menor medida, a labores de movemento de terras.

A solicitude foi estudada polos técnicos municipais, que consideran que os motivos expostos afectan ao cronograma de traballo e consideran oportuno autorizar a prórroga fixando como data máxima da súa finalización o próximo 6 de maio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com