A Concellería de Deportes que dirixe Miguel Fernández, informa que a partires do xoves, día 11, modificanse algunhas das condicións de acceso tanto ás piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras como ás pistas de atletismo do estadio Gregorio Pérez Rivera e as de tenis de Frigsa e O Palomar.
Nas piscinas amplíase o acceso de ata dous nadadores por rúa, continuando vixentes o resto de normas, tanto a obrigatoriedade de solicitar cita previa como o distanciamento social e demais instrucións. O horario será de 07.00 h. a 23.00 h. nas instalacións de Frigsa e de 08.00 h. a 22.45 h. nas Piscinas de As Pedreiras.
A área de deportes mantén o uso das instalacións en quendas dunha hora. En todos os casos, haberá que efectuar reserva, realizándose a mesma no día anterior en horario de 20.00h a 22.30h a través dos teléfonos:
As Pedreiras 982 297 310
Frigsa 982 297 423
Por outra banda, nas pistas de atletismo e tenis desaparece a cita previa, podendo os deportistas acceder libremente ata acadar o aforo permitido do 30% das instalacións, feito que será controlado polos celadores e permanecendo en vigor o resto das normas, a fin de cumprir os protocolos e garantir a seguridade de todos e todas.