Ana Abelleira visita os talleres de inmersión ao galego no centro do Sagrado Corazón

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, visitou aos nenos e nenas asistentes aos talleres de inmersión ao galego postos en marcha polo Concello no Centro de Convivencia do Sagrado Corazón. Trátase duns obradoiros lúdicos que arrincaron en xaneiro e que se desenvolverán ata finais de maio, os mércores e venres de 17:00 a 18:30 horas. Principalmente, os asistentes son cativos magrebís, de entre 3 e 7 anos, residentes na zona, que perseguen mellorar a súa comprensión e fala en lingua galega, capaz de enriquecer a súa aprendizaxe no colexio. En total, participan unha vintena de nenos e nenas.

Durante a visita, González Abelleira puxo en valor a gran capacidade dos pequenos para aprender o idioma.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com