Ana González Abelleira asistiu aos actos da patroa da República Dominicana

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, asistiu este domingo aos actos conmemorativos da festividade da Nosa Señora de Altagracia, patroa da República Dominicana, que se celebraron na cidade de Lugo. Un destes actos tivo lugar na igrexa parroquial do barrio da Milagrosa.

En Lugo están empadroados 386 veciños e veciñas procedentes da República Dominicana, que foron ben acollidos pola sociedade lucense en xeral, de xeito que pouco a pouco a maioría das persoas desta nacionalidade estánse a integrar de forma paulatina e sen demasiados problemas na veciñanza lucense. Neste senso, Lugo caracterízase por ser unha cidade acolledora e integradora, na que conviven persoas de 89 nacionalidades diferentes.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com