A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, subliñou este venres que o Concello “certificou o 100% dos 10 millóns de euros que recibimos da Unión Europa para o plan URBAN, pese o que lle pese ao Partido Popular, que, unha vez máis, ataca coa manipulación como arma un proxecto que marcou un antes e un despois na cidade”.
Ana Prieto lembrou que, “como ben sabe o Partido Popular e a cidadanía, a Deputación acordou achegar 3 millóns de euros para o URBAN, polo que as obras que restan por acometer no Vello Cárcere e a Praza da Abastos non supoñen nin un euro máis para as arcas provinciais”.
O PP “non quere, nin traballa para que Lugo reciba proxectos e investimentos que melloren a calidade de vida dos veciños, nin sequera os máis básicos”, asegurou a Concelleira, quen pediu á formación que “sume pola cidade e esixa á Xunta dotacións e infraestruturas transcendentais, como os servizos sanitarios pendentes no HULA, a Residencia, a Ronda Leste, o Museo da Romanización e a estación Intermodal, entre outras moitas”. “Non imos consentir que Lugo e os lucenses sexan tratados como cidadáns de segunda”, subliñou.