Anasbabi chama a “abrazar a Muralla” pola visibilización das enfermidades raras

Visibilizar as enfermidades raras. Ese é o obxectivo da aperta solidaria á Muralla que presentaron este xoves a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos, e o presidente da Asociación Nacional de Ciliopatías, José Carlos Pumar. Esta iniciativa terá lugar o vindeiro 7 de setembro, ás 17:00 horas, concentrándose os participantes na Porta de Bispo Aguirre. Estímase necesaria a participación de 2.000 persoas, polo que Concello, Deputación e Anasbabi convocan á cidadanía a “abrazar a Muralla” por unha causa solidaria.

Durante a presentación, a rexedora agradeceu tanto a Deputación, por creer nesta iniciativa, como á propia Asociación Nacional de Ciliopatías, que loita por visualizar as enfermidades raras, “por poñerlles cara e voz”. Nesta liña, Méndez quixo ensalzar o papel de todas as asociacións e colectivos que axudan a concienciar da realidade que viven os enfermos e que apoian tanto aos propio doentes como aos familiares. “Non se pode excluír a ninguén, a loita é de todos”, asegurou a Alcaldesa, quen subliñou que unha sociedade que exlúe a unha das súas partes, non é nin xusta, nin equitativa nin igualitaria.

Lara Méndez lembrou a aposta do Concello polo benestar social, que se ve reflexado nos orzamentos, 19 millóns de euros, así como o seu compromiso coas asociacións sociais, para as que a entidade local destina 300.000 euros para apoiar a súa actividade diaria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com