Animalistas apoian o labor de Huellas-Sarria e lembran as numerosas adopcións

A asociación Animalista Libera segue defendendo a labor realizada por Huellas, no termo municipal de Sarria, en materia de protección e benestar dos animais, “onde os compoñentes desta entidade local arremangáronse durante tres anos xestionando un total de 302 casos” sen contar co apoio do actual goberno municipal que, incluso, recoñeceu non ter contratado todavía o servizo alternativo.

Os animalistas resaltan as cifras desta asociación de voluntariado, logrando 172 adopcións, o retorno ao seu fogar de 85 cans e gatos, e o mantemento de varios animais en acollida, con tan só 16 baixas, provocadas, principalmente, por unha camada de cachorros gravemente enfermos. Con estes antecedentes, segundo o colectivo animalistas, resulta “pouco crible” que unha empresa, con interese lucrativo, poida mellorar os porcentaxes positivos.

Neste senso Libera! tamén lembra que durante os tres últimos anos o voluntariado de Huellas traballou en campañas de sensibilización e esterilización, como principal ferramenta para evitar camadas indesexadas, comercio irregular e novos abandonos, “todo sen contar co consistorio”.

O colectivo instou á rexedora a reflexionar sobre o modelo que quere para Sarria, “se aposta por privatizar a recollida de animais domésticos ou, polo contrario, implícase no desenrolo de políticas públicas na materia, ata agora, inexistentes a pesar dos importantes avances legais que se deron nos dous últimos anos, cunha nova Lei de Benestar Animal”.

Asemade, dende a asociación animalista, sinalan a necesidade de levar a cabo unha Ordenanza sectorial adaptada á norma autonómica que reflexe o compromiso do Concello coa xestión integral do abandono, de aspectos como as colonias felinas ou o rexeitamento aos casos de crueldade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com