Anonymous for The Voiceless, Lugo Animal Save, Mis Amigas Las Palomas, a Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo e a Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre CON-ÉTICA así como o movemento de persoas coidadoras de colonias felinas Michos de Lugo instan ao Concello a crear unha concellería específica que aborde á protección e convivencia ética cos animais. Os colectivos recalcan a diversidade e complexidade dos problemas existintes en Lugo con respecto a este tema e explican así a necesidade dun departamento específico que se encargue de abordalos dado que os catro anos anteriores estes temas, aínda que expostos reiteradamente ao concello, foron non obstante sistemáticamente postergados non poñendose en marcha ningún plan para solucionalos de xeito satisfactorio.
Entre os problemas identificados en Lugo está a situación desesperada no refuxio da Protectora de Lugo absolutamente desbordada polo número de cans e cadelas abandoados -entre eles un elevadísimo número de cachorros dado o precario control da cría indeseada e do comercio ilegal-. Este tema precisaría de por sí unha abordaxe integral que poña tamén en xogo a sensibilización da cidadanía sobre adopción responsable e esterilización, sendo a sensibilización e a educación da cidadanía no tema da teza responsable de animais unha obriga do concello.
Así, mesmo, a nova lei 4/2017, de 3 de octubre, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, establece que os concellos galegos, concretamente a alcaldía, son igualmente responsables do coidado e xestión de colonias felinas e a posta en marcha de programas CES -captura, esterilización e solta. Este asunto non pode seguirselle cargando nin económicamente nin psicolóxicamente a persoas particulares que están a desenvolver esta importantísima tarefa de xeito totalmente desinteresado e seguen sen apoio nin regularización da súa actividade.
Outros temas aos que se lle debe dar solución, segundo indican estes colectivos, son o control ético da poboación de pombas, prometido e publicitado en prensa en 2016 polo concello pero non obstante sen ningunha traza de ser posto en marcha – recurrindo aínda a solucións rudimentarias e crueis para estes animais como o é a captura ou a promoción dun plan correctamente estudado para a prevención dos posibles danos causados por xabarís no perímetro municipal que tome en consideración unha perspectiva de xestión intelixente e compasiva e non de exterminio sistemático.
Por último, as denuncias cidadás que se repetiron nos últimos anos tanto na policía coma no concello ou a prensa con respecto a cabalos “aparcados” en fincas sen auga nin acubillo, algúns enfermos ou esfameados, que en moitas ocasións incluso acaban deambulando no medio das estradas require unha abordaxe urxente e a súa inclusión nunha ordenanza municipal “que non pode seguir postergándose”.