As últimas actuacións da Fiscalía de Lugo, coa proposta de arquivo dun caso de maltrato animal no que unha persoa acumulaba 164 denuncias previas, xunto coa falta de formación específica durante a carreira xudicial, motivou á Fundación Franz Weber a remitir un escrito ao Fiscal Xefe da Audiencia Provincial de Lugo para ofrecer itinerarios formativos.
Así, a través do Instituto de Políticas Públicas de Protección Animal e da rede de operadores xurídicos internacional INTERcids, os animalistas sinalan que os últimos sucesos xeraron unha gran alarma social ademáis de indignación ciudadana, polo que plantexan formación específica aos membros da Fiscalía.
De forma paralela, a Asociación Animalista Libera sumouse ao ofrecemento propoñendo ampliar estes cursos específicos aos técnicos do Concello de Lugo e a Deputación Provincial, lembrando que tanto na localidade coma no conxunto da provincia, tiveron lugar “terribles casos de maltrato” que requiren respostas específicas”.
Neste senso, Libera pide que, ademáis de posibles cooperacións no terreo formativo, as administracións se impliquen no traballo de prevención a través de campañas de sensibilización.