A colisión dun vehículo cun lobo a comezos desta semana na estrada N-642 á altura do termo municipal de Cervo motivou, de novo, á Asociación Animalista Libera! a plantexar propostas de prevención, como a xeralización de pasos ou funiles de fauna silvestre cos que os animais poderían cruzar as vías máis conflitivas, como túneles ou pontes.
Os animalistas sinalan que estes espacios de tránsito para fauna silvestre xeralizáronse xa en diferentes estados europeos, como os Países Baixos, onde existen centos de pasos naturalizados que evitan accidentes e se complementan cunha sensibilización das condutoras e condutores para conciencias sobre a convivencia do asfalto cos hábitats naturais.
Así, os defensores dos animais subliñan como nos últimos anos Noruega, Suíza ou Luxemburgo trataron de implementar accións para evitar colisións con animais, especialmente jabalíes e cervos que, polo seu tamaño, poden chegar a causar maiores danos materiais e humanos.
FFW e LIBERA! advirten que o aumento do número de accidentes con animais tamén é unha constante en redes de estradas como a de Polonia, que propuxo unha intensa batería de iniciativas para evitar a presenza dos seres vivos.
Neste sentido os colectivos propoñen xeneralizar a creación de pasos de fauna para animais de diferente tamaño que faciliten o tránsito dos mesmos sen necesidade de invadir a calzada, así como deseñar cintos de vexetación nas vías que sirvan como “pantalla”.