A concellería de Cultura presentou dous novos concertos que se unirán ao programa do San Froilán 2022. As novas confirmacións son Anni B Sweet y Los Estanques, que animará a praza Horta do Seminario o sábado 8, e Dakidarría, co seu novo disco Colaxe, que estarán na praza de Santa María o venres 7.
O novo tándem LOS ESTANQUES y ANNI B SWEET publicou o seu primeiro álbum conxunto, baixo o suxerente -e moi surrealista- título “Burbuja cómoda y elefante inesperado” (27/05/22), co tema “Caballitos de mar” como focus track. Composto por Anni B Sweet e Iñigo Bregel.
A banda galega Dakidarría presentarán na praza Santa María o seu novo disco de estudo “Colaxe”.