Anova-IN ten programado para maña sábado ás 17.00 horas na cafeteria da Terminal de Mercadorías do Ceao, un encontró con transportistas onde se tratarán os problemas do sector, tales como o dumping empresarial e deslocalización de empresas, as modificacións do sistema tributario por módulos, a morosidade e medios de cobro, ou a necesidade dun aparcadoiro vixiado.
A esta xuntanza acudirán a Eurodeputada Lidia Senra, o Deputado Galego Antón Sánchez e os Concelleiros de Lugonovo Iñaki García, Cristina Pérez e Santiago Fernández Rocha.