O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia anula a licitación do servizo de axuda no fogar de Castroverde. Así se especifica na resolución emitida por este órgano e que obriga ao Concello a iniciar de novo o procedemento de contratación.
Concretamente, esta resolución prodúcese logo do recurso interposto pola empresa Protección Geriátrica 2005 S.L contra a adxudicación da contratación do servizo de atención a domicilio. Detállase na mesma que se estima dito recurso, así como o seu carácter definitivo na vía administrativa, polo que contra ela só cabe apelar á Sala do contencioso-administrativo do Tribuna Superior de Xustiza de Galicia.
.Advertencias do PP
A oposición liderada polo PP nunha nota de prensa denunciaba que “o servizo de axuda no fogar en Castroverde non é a primeira vez que se ve inmersa en problemas de continuidade. En maio, o voceiro pedíalle ao alcalde que garantise o servizo de axuda a domicilio para que este se desenvolvese con todas as garantías que esixe este tipo de asistencia tan necesaria para as persoas maiores ou que contan como mobilidade reducida. O popular dirixíase así ao rexedor socialista, unha vez coñecido que a empresa adxudicataria remata o contrato o 31 de xullo e as traballadoras, que presentan irregularidades nos seus pagos, seguen descoñecendo que vai pasar co seu futuro, pois incluso poden verse afectadas por ERE”.
Foto de arquivo do Alcalde de Castroverde e Presidente da Deputación.