Anxo Lamas expón obras sobre 42 escritores chairegos na Xunta

Maña luns, ás 11,00, na sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, vaise inaugurar unha mostra de obras do escultor e pintor Anxo Lamas, nas que homenaxea a 42 escritores da Terra Chá.

O conxunto forma parte da donación (64 obras) que o artista de Bazar (Castro de Rei) efectuou á Asociación cultural Xermolos-Irmandade Manuel María da Terra Chá, que comezan na sala de arte da Xunta de Galicia o seu percorrido itinerante por diversas institucións culturais galegas.

As obras, realizadas sobre vellas tablas de madeira do país, significan unha nova vida para a vella madeira, recollendo en cada unha delas un anaco da obra do escritor, xunto cunha imaxe alusiva ao homenaxeado.

Tablas de Anxo Lamas sobre escritores chairegos

Fátima Fernández, Xosé Maria Felpeto, Xulio Xiz, Rábade Paredes, María Xose Lamas, X. Antón Cando Rancaño, Manuel Castro Santamariña, Anxo Lamas (poema), Mario Saavedra, Clara Naseiro, Francisco de Fientosa, Dario Xohán Cabana, Xoan Neira, Xacobe Sánchez Quintela, Benxamín González Quelle, Rafael Yañez Jato, Cesáreo Poupariña, Anxo Lamas, Baldomero Iglesas (mero), Carlos Rábade Pallares, Paulo Naseiro, Carmiña Prieto Rouco, Antonio García Hermida, José María Chao Ledo, Manuel María González, Marica Campo, Aquilino Iglesia Alvariño, José Luis Novo Cazón, Darío Villanueva, Xabier Cordal, Uxío García Amor, Miguel Anxo Fernán Vello, Mari Carmen Canto Carballeira, Manuel María, Xosé Otero Canto, Xosé Luis García Mato, Manolo Regal, Avelino Díaz, José Crecente Vega, Pilar Maseda, Xosé Manuel Carballo e Xosé Trapero Pardo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com