Apaixonados

Entre os efectos do Covid que nos invadiu o idus de marzo de hai catro anos, máis duradeiro incluso que o que os menos afortunados seguen a sufrir, está a convicción do “primun vivere” (primeiro vivir, e despois pararse a pensar), que aplicamos co “carpe diem”, aproveitando as cousas boas do presente, xa que o tempo que ven a saber se permitirá facelo. Así, temos superado unha semana de paixón sen mais frustracións ca o tempo e a carteira, dous dos puntos sensibles do noso lecer.

A recuperación do turismo despois da pandemia desatou un auténtico furor por ver mundo, viaxar, e gozar das delicias gastronómicas do contorno, onde moitos restaurantes teñen que establecer dous quendas para dar atendido aos clientes en días máis ou menos sinalados.

Vimos de vivir un especial tempo apaixonado que se o coñeciamos como “Semana de Paixón” polos sufrimentos do Crucificado no remate da súa vida, o sentimento que agora nos enfebrece pouco ten que ver co que se conmemora e se recrea, aínda que sexa un elemento vital para desatar esta humana paixón, que non se presta a filosofar, e ten o desfrutar como fin.

A paixón dos máis afortunados dura dez días – venres de dores a luns de pascua – que permiten distanciarse milleiros de quilómetros. Ven logo a dos que poden dedicarlle ao lecer unha semana completa, e por fin os que lles dura unha longa fin de semana, e no peor dos casos un par de xornadas festivas.

Sumando todas esas paixóns – que moven a moitos millóns de persoas – aínda quedan os que sofren á vez que desfrutan dunha Paixón con maiúscula que, por crenzas ou traballo, mantén en pé a fe, os servizos e a economía dun país. Apaixonados en firme. Bendita

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com