Desde a Comisión Executiva da Federación Provincial de Asociacións de Veciños “ Lucus Augusti”, entendemos que como anunciou a Consellería de Sanidade a través do Sergas o pasado 22 de setembro de 2020, é o momento en que indicaba que tomaría a decisión oportuna respecto do aparcadoiro do Hula cara á súa liberalización de custos. Desde esta Federación, levamos anos reclamando a liberalización do aparcadoiro por custos, por aparcamento, abusivos e fóra de lugar, por ser este o único espazo o capital no que o Sergas non pago nin un euro para a súa implantación, por ser unha cesión gratuíta do pobo de Lugo ao Sergas e non espazos comprados como ocorre no resto de capitais. Os seus prezos de xestión son dos máis altos do sistema que se traducen nun enriquecemento dunha empresa privada e un trato indiscriminado cara aos doentes e a cidadanía de Lugo. Que queremos desde a Federación de Asociacións de Veciños?
Que se liberalice o aparcamento do Hospital de Lugo ( HULA) na súa totalidade.
Se non fose posible unha liberalización total, transmítase a xestión a un ente social ou ONG de Lugo que atenda a persoas é estado precario ou de dependencia, sen ningunha taxa de arrendamento por parte do Sergas, que se cobre só o custo mínimo de xestión e cunha praza libre por enfermo ingresado, así como unha primeira hora gratuíta para acceso a consultas ou outras visitas. Fins de semana gratuítas. Non poderá existir unha desculpa por parte do Sergas de que a concesión implique o coidado das zonas verdes, xa que dixemos por activa e por pasiva que esta Federación faríase cargo do mantemento de forma gratuíta. Dado que ao Hospital ninguén vai facer turismo, cremos en dereito, as nosas peticións repetitivas e van 10 anos sen unha resposta.
Queremos que, por parte do Sergas unha resposta definitiva adecuada en tempo e forma, xa que reiteramos de novo que pagamos tarifas máis altas que A Coruña, Vigo e Ourense onde o Sergas debeu de realizar a compra de terreos. Enviamos escrito ao Director Xeral do Sergas, Conselleiro de Sanidade e Presidente da Xunta.
Comisión Executiva Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo.