Aparcadoiros do Hula unha sangría ecoómica para doentes e familiares

Hai máis de seis  anos que a Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo, vén denunciando o gasto que supón para os pacientes e familias que teñen que acudir ao HULA e teñen que facer uso dos seus aparcadoiros interiores (636 prazas de uso público) explotados pola empresa ALJAMIL a quen o Sergas lle concedeu a súa explotación por 10 anos.

Nós vimos mantendo que tal concesión (que tamén tivo problemas xurídicos no seu inicio, por posible tráfico de influencias) é irregular e cun uso fraudulento por parte do Sergas e da Consellería de Sanidade duns espazos situados en terreos públicos, doados no seu momento pola cidadanía a través do Concello de Lugo. Por iso, non é lóxico que os lucenses teñamos que pagar por utilizar  os nosos aparcadoiros e facilitar así un negocio millonario a unha empresa amiga  x? que ademais de adxudicarlle o Hula en Lugo adxudicáronselle os aparcadoiros do Álvaro Cunqueiro en Vigo, algo que fai incrementar as nosas sospeitas de posible favoritismo cara á empresa adxudicataria.

Prezos. Vigo utiliza os aparcadoiros dun solar comprado polo Sergas, Lugo doou ao Sergas para a construción do HULA, os terreos e como nos ve submisos ou calados aplícannos unha tarifa máis alta e desproporcionada. Vigo dispón despois das súas reclamacións do primeiros trinta minutos gratuítos e 90 cts. polos seguintes ata cumprir a primeira hora, en Lugo páganse 0.0265 ? minuto que equivalen a 1.59 ? a hora, dado que é o espazo de tempo máis utilizado, Lugo paga un 76.6 % máis que Vigo, algo fora de razón e non asumible, co agravante de que Lugo non dispón de bonos por día, por iso a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo requirimos de novo a rescisión da concesión. Á vez que se o Sergas leva a cabo esta petición e xa llo ofertamos noutra ocasións, farémonos cargo do mantemento das zonas verdes do Hula a custo 0 (é dicir gratis) a través dos nosos voluntarios.

Nos próximos días enviarase unha carta a todos os portavoces Parlamentarios da oposición para requirir en sede parlamentaria o expediente completo da concesión que a Xerencia do Hula néganos.

Advertimos que de non tomar unha solución para a gratuidade dos aparcadoiros, iniciaremos tamén unha campaña de presión mediática ata obter os resultados demandados, xa que non toleramos máis abuso neste sentido.

Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com