Aparece morta a octoxenaria desaparecida en Cervantes

Os servizos de emerxencias atoparon morta á muller de 80 anos que desapareceu o venres do seu domicilio no lugar de San Martiño das Cañadas, en Cervantes.

A muller foi localizada arredor das cinco da tarde de onte sábado, nun souto a 300 metros da súa casa por grupos de voluntarios e membros do Grupo Supramunicipal de Emerxencias (GES) de Becerreá que desde a pasada noite estaban colaborando na busca xunto coa Garda Civil.

Foi un veciño quen na madrugada do sábado contactou co CIAE 112 Galicia para pedir axuda. A partir dese momento, os xestores do centro solicitaron a colaboración de diversas agrupacións: A Fonsagrada, Meira, Vilalba e Guitiriz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com