Aparece morta unha muller en San Fiz con sinais de violencia

Aparece morta unha muller en Lugo, no barrio de San Fiz, con sinais de violencia.

O cadáver apareceu esta mañá no interior dun coche e foi avistado por un veciño da zona que inmediatamente avisou á policía.

Segundo as primeiras informacións o corpo da muller presentaba varias coiteladas nas costas.

A policía investiga agora as causas do sucedido e mesmo non se descarta que se trate dun novo caso de violencia machista. Segundo fontes consultadas por XornaldeLugo non constaban denuncias previas da muller por malos tratos. Con todo, unha terceira persoa amosou as súas sospeitas de que a muller sufría violencia o ano pasado. Ela negouno. A policía non puido continuar coas dilixencias do caso ao non dar localizado á muller.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com