Aparece morto un ancián desaparecido en Vilalba

Esta tarde, foi localizado o cadáver do ancián de 90 anos desaparecido onte en Vilalba. O seu corpo foi atopado ás 14:00 horas nun río na zona das Lamelas, na parroquia de Carballido.

Os familiares do home contactaron a última hora de onte co 112 Galicia para dar conta da desaparición. Segundo indicaron, xa tiña marchado da casa noutras ocasións.

O 112 Galicia puxo en marcha un operativo de busca no que participou Protección Civil e a Garda Civil. Na pasada noite xa se levaron a cabo as primeiras tarefas de rastrexo, que se retomaron a primeira hora desta mañá. Despois de horas peiteando a zona, foron uns efectivos de Protección Civil os que deron co corpo do nonaxenario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com