Apareceu o corpo sen vida dunha persoa nunha zona rochosa da Praia Areosa, en Ribadeo.
Foi un veciño quen ás 15:30 horas avistou o cadáver e decontado chamou ao 112 Galicia para dar conta da situación. Debido a que o rescate podía efectuarse por terra, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos efectivos do parque de Barreiros, despois de informar a Salvamento Marítimo e o Servizo de Gardacosta da descuberta do corpo no cantil da Praia de Areosa.
Xunto cos voluntarios de Protección Civil de Ribadeo, os Bombeiros de Barreiros encargáronse de recuperar o cadáver para a posible identificación por parte dos axentes da Garda Civil e as autoridades xudiciais