Unha muller foi localizada hoxe morta nunha piscina de Guitiriz. A vítima era veciña de Guitiriz e tiña 51 anos.
O corpo foi atopado por unha persoa particular que chamou ao 112 Galicia ás 12:30 horas desta mañá. Segundo indicou, o cadáver estaba aboiando na piscina da área recreatriva dos Sete Muíños, unha zona moi transitada.
Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informouse a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Vilalba. A situación tamén foi posta en coñecemento do GES de Guitiriz, de Protección Civil e da Garda Civil.