Apehl prepara a campaña Loc@s por volver…

Tras o éxito da campaña Abrimos as portas para…, co vídeo da canción A calor do amor nun bar de Gabinete Caligari, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) prepara unha nova iniciativa coa que se queren agradecer aos clientes a súa confianza por volver aos locais de hostalería e activar de novo a súa economía.

Os protagonistas desta nova campaña volverán ser os hostaleiros da provincia, “a través dunha canción, que desvelaremos o día do seu lanzamento, demostraremos unha vez máis a lealdade cara aos nosos clientes. Agora máis que nunca imos necesitar da súa axuda para continuar co noso traballo e reactivar os nosos negocios. Esta será a nosa forma de darlles as grazas”, destacan, Cheché Real, presidente da Apehl.

A campaña xa está en marcha. “Todos aqueles hostaleiros, sexan ou non socios da nosa Asociación, están convidados a participar nesta iniciativa”, engade Real. Para participar só é necesario chamar ao teléfono 982 41 20 50 antes deste venres 5 de xuño.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com