A concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana G. Abelleira, asistiu esta maña á presentación de ‘Lucus In Vino Veritas 2021’, para promocionar “Aperitivo Maridaxe” a actividade ca que colabora o Concello incluída no programa Lucus In Vino Veritas 2021, un evento diferente no que colabora o Concello de Lugo, con representación de adegas do territorio galego e con vinculación ás vías romanas, que terá lugar o próximo 5 de xuño no Atrio da Catedral de Lugo.
Á mesma acudiron o Delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias; a Vicerrectora de Coordinación do campus universitario, Monserrat Valcárcel;Mario Vázquez Carballo, Deán da S.I. Catedral Basílica e Vicario General da Diócesis e Isabel Lozano, organizadora do evento.
O Concello de Lugo, colabora novamente con esta iniciativa, ao tratarse dunha oportunidade para dar a coñecer a cidade e os seus atractivos. Ana G. Abelleira aproveitou a ocasión para anunciar, “Aperitivo Maridaxe” a actividade gratuíta con prazas limitadas ata cubrir aforo na que “colaboramos dende o Concello e terá lugar nas instalacións do CEI -Nodus este venres 4 de xuño ás 12:30 h e aproveito a ocasión animar aos amantes da cultura do viño e a gastronomía a que se inscriban” destacou a edil.
“Aperitivo Maridaxe” será realizado por 5 Chefs da Asociación Cociñeiros Lugo, que crearán 5 tapas especiais para o evento, maridadas pola recoñecida catadora profesional Susana Barros. O servizo realizarase polos alumnos do CPR Fundación Belarmino Fernández Iglesias.