Apoio unánime do asociacionismo lucense á demanda dunha Autoridade Portuaria na provincia

A Confederación de Empresarios de Lugo ( CEL) non deixa de recibir escritos de adhesión á súa demanda de inmediata creación dunha Autoridade Portuaria en Lugo. Á marxe do apoio unánime do pleno da Deputación de Lugo a esta demanda coa aprobación o pasado 29 de outubro dunha moción para a impulsar a creación deste organismo en San Cibrao, a CEL recibe a diario escritos de adhesión de diferentes colectivos na súa sede.

Entre outros, a Asociación Provincial de Construción (APEC Lugo), a Asociación de 1ª Transformación da Madeira, a Federación de Comercio, a Asociación de Instaladores Electricistas e de Telecomunicacións ( APIEL), a Asociación de Transporte Discrecional de Mercadorías por Estrada ( Tradime) ou o Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación de Lugo xa remitiron o seu apoio formal a esta vella reclamación.

Igualmente, xa desde o primeiro momento a Subdelegación do Goberno en Lugo comunicou á CEL o traslado desta demanda á Secretaría Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, polo que CEL e Federación mantéñense á espera dunha próxima comunicación desde Madrid, unha vez se reestablezca a normalidade institucional tras a celebración das novas eleccións xerais, para manter un encontro cos responsables estatais nesta materia que despexe definitivamente o camiño para a creación da Autoridade Portuaria de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com