OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Aprazada a andaina “Percorrendo Paradela”

Dentro das actividades deseñadas para conmemorar o Bicentenario de Paradela, estaba prevista para o próximo sábado a andaina Percorrendo paradela, facendo o “Camiño Vello de Aldosende”, unha ruta que os entendidos consideran das máis fermosas de Galicia.

A parte técnica desta actividade está a cargo do Colectivo Acivro de Lugo, especializado en natureza e percorridos polo rural, tendo feito innumerables andainas dentro e fóra de Galicia.

Tendo en conta as altas temperaturas que estes días afectan á Comunidade galega, e a  previsible situación da mañá do próximo sábado, seguindo o consello dos técnicos, a organización decidiu aprazar esta actividade para días con mellores condicións, especialmente tendo en conta as dificultades do circuíto e a necesidade de prever calquera posible indisposición dos participantes polas elevadas temperaturas.

Oportunamente volverá facerse a nova convocatoria, tendo preferencia para participar aqueles que xa se inscribiron tanto en Acivro como no Concello de Paradela, aos que se piden desculpas por este aprazamento prudencial.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com