A folga de xustiza obrigou hoxe a suspender as declaracións previstas esta mañá da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o ex rexedor da cidade, José López Orozco, ante a titular do Xulgado de Instrucción número un de Lugo, Pilar de Lara. Os dous socialistas declaraban en calidade de investigados por presunta malversación tras unha querela presentada polo CSIF ante o atraso ao acatar unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que obrigaba ao goberno municipal a cesar a comisión de servizo dunha funcionaria no cargo de Letrada Asesora.
Lara Méndez lamentou de novo que este caso se leve pola vía penal cando, “é un problema administrativo que debería levar o contencioso”. A alcaldesa amosouse “tranquila” en todo momento e asegurou, tras o aprazamento do interrogatorio, que non tiña “problema ningún” para “esperar uns días ou uns meses máis, despois de que se presentara a querela hai dous anos”.
Pola súa banda, López Orozco asegurou que a suspensión temporal da toma de declaración servirá para “visibilizar as reivindicacións da xustiza”. O antecesor de Méndez asegurou que ambos sairán absoltos pois “os dous vamos declarar a verdadee a verdade está nos papeis”.