Aprazadas as obras de conservación da Muralla pola cría dos birrios

A Xunta apraza as obras de mantemento da muralla Romana para non interferir na cría dos birrios que aniñan entre as pedras do monumento. A muralla alberga unha das colonias máis importantes desta especie, polo que a consellería de Medio Ambiente decidiu retrasar até o mes de agosto o transcurso das actuacións  que se ían acometer para evitar filtracións de auga no monumento.

Entre as actuacións que se van ver afectadas por este aprazamento destaca a restauración das fisuras dun dos cubos situados á altura da rúa Ourense.

Onde si se actuará é na zona da muralla á altura de San Pedro, sobre o adarve, xa que neste punto é necesaria unha actuación de urxencia para evitar o desprendemento dalgunhas das pedras do monumento.

A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, delegada territorial da Xunta en Lugo sinalou que o Goberno galego “está a compatibilizar o coidado e respecto pola colonia de birrios co coidado do monumento, e as áreas de Patrimonio Cultural e de Conservación da Natureza están a traballar conxunta e coordinadamente para que isto sexa posible”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com