O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou que a Xunta de Goberno de hoxe aprobou a adxudicación da peonalización da rúa Quiroga Ballesteros, entre a rúa Montevideo e Santo Domingo. “Trátase dun proxecto importante para o novo modelo de cidade no que estamos a traballar desde a área de Mobilidade”, afirmou Rubén Arroxo.
O proxecto inclúe a renovación do saneamento, as instalacións eléctricas e o alumeado público, ademais da renovación de rexistros e o mobiliario urbano para a nova rúa peonil. A cuberta proposta no pasado non está incluída nesta actuación. A obra foi adxudicada á empresa Ovisa Pavimentos y Obras, cun orzamento de 732.000€, e ten un prazo de execución de 10 meses.