Aprobada en pleno a proposición para crear o Gran Parque Central na Estación de Autobuses

O BNG defendeu no pleno a proposición presentada para instar á Xunta a crear un gran parque central no espazo que actualmente ocupa a estación de autobuses. “Un gran parque verde de máis de 27.000 metros cadrados, integrando os xardíns da Praza da Constitución e conectando coa Praza de Bretaña e o Vello Cárcere”. A proposta foi aprobada malia a abstención do grupo municipal do Partido Popular.

A proposta feita polo BNG inclúe a creación dun paso soterrado para vehículos que una a rúa Dinán e a avenida Anxo López Pérez “eliminando na práctica o tráfico rodado nesta zona”, explicou Arroxo.

Asemade o BNG propón tamén a creación dunha parada para as liñas de transporte interurbano que desexen parar nesta zona da cidade, mantendo o resto do espazo como o que defuniu “o Parque Central de Lugo, unha nova praza verde integrada no casco histórico”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com