Aprobada na Mesa de Negociación a RPT que podería salvar a Escola de Música

O Concelleiro de Persoal, Daniel Piñeiro, informou de que a Mesa Xeral de Negociación celebrada esta mañá aprobou a nova Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello cos votos a favor de CC.OO. e CSIF. A UXT abstívose e a CIG votou en contra. O representante de USTG non estivo presente durante a votación porque tivo que ausentarse previamente por motivos persoais.

Tras a aprobación na mesa sindical, o procedemento continúa agora coa solicitude por parte do Goberno dos informes técnicos preceptivos dos servizos municipais de Persoal e Intervención para a súa posterior aprobación inicial na Xunta de Goberno, cando se abrirá un prazo de vinte días naturais para presentar alegacións. De rexistrarse, resolveranse para logo proceder á aprobación definitiva do documento tamén en Xunta de Goberno.

Ante as informacións publicadassobre a Escola Municipal de Música, Daniel Piñeiro aclarou na Mesa de Negociación a solicitude dos sindicatos que, tras a sentenza xudicial que anula a modificación puntual da RPT de 2012, a solución para continuar prestando este servizo con empregados municipais pasa pola aprobación da nova Relación de Postos de Traballo, que inclúe un plan de ordenación de recursos humanos para, primeiro, amortizar as prazas de músicos a tempo parcial existentes, e crear unhas a tempo completo coas funcións de músicos e docencia, que se asignarán de maneira provisional aos actuais traballadores, que logo terán que pasar por un proceso de promoción interna para acadar a asignación definitiva das prazas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com