Aprobadas as liñas de axuda ao tecido cultural de base da provincia

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo aprobou cun orzamento de 380.000 euros as bases para a convocatoria de axudas para o tecido cultural de base. A Xunta de Goberno aceptou este venres o procedemento que permitirá as entidades culturais desenvolver actividades e mellorar os locais.

Trátase de dúas liñas de axuda, unha destinada á organización de actividades de promoción e dinamización cultural, cun importe de 255.000 euros, e outra dirixida a financiar investimentos en instalacións e equipamento nos seus locais sociais, de 125.000 euros.

A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este ano mantemos o orzamento da última edición, o que permitirá continuar reforzando o apoio ás asociacións culturais de base, na súa maioría colectivos pequenos que se sosteñen grazas á implicación desinteresada de persoas preocupadas pola cultural, pola lingua e o patrimonio e que cumpren un papel fundamental para garantir o acceso á actividade cultural en todo o territorio”.

Sinalou tamén a importancia destes investimentos que permiten que “os colectivos do rural programen actividades e impulsen tamén estudos, investigacións e iniciativas de posta en valor do patrimonio local”.

As bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia nas vindeiras semanas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com