Foto Pleno Foto Pleno

Aprobadas Ordenanzas Fiscais para o ano 2016

A Corporación aprobou no Pleno extraordinario deste martes o proxecto de modificación de 17 Ordenanzas Fiscais para o ano 2016, seis delas por unanimidade. As taxas e impostos municipais acordadas mantéñense conxeladas ou baixan, como é o caso das de aproveitamento especial de vía pública por terraza e grúas.

As 17 ordenanzas modificadas son as seguintes: taxa por expedición de documentos administrativos; por prestación de servizos urbanísticos; por licenzas de apertura de establecementos; por servizos de prevención e extinción de incendios; por prevención de ruínas, derribas e salvamentos;  por servizo de rede de sumidoiros; por prestación do servizo de centro de día; por prestación do servizo de mercado; por prestación de servizos nas escolas infantís municipais; pola prestación do servizo de comida no fogar; pola intervención municipal nas comunicacións previas e declaracións responsables nas aperturas de establecementos; por aproveitamentos especiais da vía pública; por aproveitamentos especiais da vía pública con entradas de vehículos e reservas de vía pública; imposto sobre vehículos de tracción mecánica; incremento do valor dos terreos de natureza urbana; contrucións, instalacións e obras, IBI e os anexos das ordenanzas fiscais.

Das ordenanzas aprobadas, tres foron presentadas por Lugonovo que emitía un comunicado por medio do seu voceiro no que se congratulaba da aprobación das súas propostas á vez que se amosaba sorprendido pola actuación dalgún grupo político polo sentido dalgunhas das súas votacións.

Fernández Rocha declaraba que “progresividade e promoción do emprego e da xustiza social, son os tres piares sobre os que, para Lugonovo, deberían artellarse as Ordenanzas Municipais e nas que se baseaban as tres emendas que foron admitidas e aprobadas”.

“Estamos moi satisfeitos de que, dentro do novo marco tributario local, poida aplicarse un maior gravame ós edificios non residenciais de maior valor catastral.  É dicir, máis IBI para os que poden asumilo sen poñer en entredito a viabilidade das súas empresas. Só serán tres centésimas de imposto pero contribuirán a minorar os agravios comparativos e a protexer a sustentabilidade dos negocios máis pequenos ó mesmo tempo que se incrementa a capacidade de manobra do Concello”. Declaraba o voceiro da plataforma.

Con respecto a sorpresa de Lugonovo polas votacións  “dalgún grupo político”, refírese  a ACE, “que acordaran votar unhas emendas nun sentido e logo non o fixo”, declarou  “especialmente significativo para os edís da formación foi o feito de que algún grupo “aparentemente” de esquerdas votase en contra ou se abstivese na aprobación destas emendas “o que denota unha falta de congruencia entre a retórica empregada nas sesións, chea de bos principios e de leccións de moralidade para o resto da Corporación e os feitos cos que logo se definen tanto así mesmos como ó calado das políticas que pretenden levar adiante”.

Malia  a aprobar estas ordenanzas, todos os grupos políticos quedaron en elaborar unhas novas ordenanzas para o 2017, co obxecto de actualizalas profundamente e buscando un alto nivel de consenso”.

Expediente de municipalización da ORA

Por outra banda, a Corporación, en cumprimento dun acordo plenario, aprobou por unanimidade o inicio do expediente de municipalización do servizo ORA coa constitución dunha comisión de traballo, da que formarán parte a Alcaldesa, tres membros do Goberno, tres do Partido Popular, e un por cada un dos catro restantes grupos políticos municipais (Lugonovo, BNG, Cidadáns e ACE), xunto a un representante da Xunta de Persoal, un do Comité de Empresa, actores sociais, o secretario da Corporación, o interventor, os xefes de Contratación, Persoal e Enxeñería, o responsable do Gabinete de Tráfico, o asesor xurídico e o responsable do servizo de Transportes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com