Aprobadas sendas mocións do Bloque e PSOE que reclaman investimento en infraestruturas no pleno da Deputación

No pleno da Deputación Provincial celebrado hoxe, o BNG sacou adiante unha moción na que reclama ao goberno do Estado “axilizar e incrementar os investimentos nas infraestruturas e servizos ferroviarios da provincia, para ofrecer unha alternativa de transporte realmente útil para a cidadanía”.

A proposta, aprobada cos votos do goberno provincial, BNG, PSOE “sinala as prioridades da provincia: axilizar a electrificación das conexións Lugo-Ourense e Lugo-A Coruña, remodelar a liña do antigo FEVE (Ferrol-Ribadeo) e iniciar os estudos da variante Curtis-Ordes para unir Lugo con Compostela, e insta á Xunta de Galiza a reclamar as competencias ferroviarias -recoñecidas no Estatuto – para crear un ente público de xestión ferroviaria”.

“A cidade e a provincia de Lugo teñen que deixar de estar marxinadas en materia de infraestruturas ferroviarias. É preciso poñer a Lugo no mapa e comunicar á nosa veciñanza”, reclamou a deputada Iria Castro que lembrou a última perda de servizos que afronta a provincia, coa suspensión da conexión diúrna entre Monforte e Lugo.

A deputada provincial reprobou a posición do Partido Popular que se opuxo á proposta e “bota balóns fóra” eludindo reclamar a xestión das competencias ferroviarias e escondéndose detrás do deputado do BNG no Congreso Néstor Rego a súa falta de compromiso coas infraestruturas galegas, tanto nos anos de goberno como de oposición en Madrid.

Desdobramento do corredor Nadela-Sarria- Monforte

Tamén en relación coas infraestruturas, aprobouse por unanimidade unha moción do PSOE que insta á Xunta de Galicia a executar a obra do desdobramento da totalidade do trazado do corredor Nadela-Sarria Monforte.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com