Aprobado definitivamente o primeiro PXOM de A Fonsagrada

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde pola que se aproba definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal da Fonsagrada. Trátase do primeiro plan xeral co que contará este pequeno concello lucense, un documento completo, moderno e adaptado á normativa urbanística vixente en Galicia que virá substituír e actualizar unhas normas subsidiarias básicas aprobadas hai 34 anos.

A importancia deste documento radica no feito que de dará un novo marco legal ao concello, que marcará a evolución do municipio ata o ano 2031, outorgaralle seguridade xurídica en materia urbanística e será coherente coa realidade do seu territorio.

O carácter eminentemente rural da Fonsagrada, un concello no que o 99,1% dos seus 438 quilómetros cadrados correspóndese con solo rústico. Un dos obxectivos fundamentais do novo PXOM será fomentar unha ordenación racional do solo rústico, cualificándoo en cada caso segundo as súas potencialidades; e delimitar os máis de 200 núcleos rurais que ten A Fonsagrada de acordo coas expectativas demográficas do municipio.

A conservación e a protección do patrimonio que atesoura este concello, tanto desde o punto de vista natural e paisaxístico como arqueolóxico, etnográfico e arquitectónico, é outra das finalidades do planeamento; xa que o trazado histórico do Camiño de Santiago Primitivo ao seu paso pola Fonsagrada, aparece recollido no PXOM.

O Concello tamén poderá resolver algunhas carencias dotacionais, facilitando a obtención de espazos públicos nas súas 22 parroquias e, de forma especial, na capital municipal, onde a falta de espazos común é máis significativa.

En canto á ordenación dos núcleos urbanos, o documento busca resolver os problemas que se producen nos bordes destas zonas e facilitar a xestión das bolsas de solo vacante. Así mesmo e polo que respecta ao solo urbanizable, o PXOM incorpora dúas zonas de uso industrial nas inmediacións do Camiño de Santiago, concretamente no lugar de Padrón.

Máis dun cento de concellos co PXOM aprobado

Coa aprobación definitiva do PXOM de A Fonsagrada son xa 103 os concellos que contan cun planeamento adaptado e acorde ao marco urbanístico vixente en Galicia. Así mesmo, cómpre precisar que 73 destes plans foron aprobados polo actual Goberno galego e 15 deles só no que vai da presente lexislatura, que comezou no ano 2016.

 

 

Novas relacionadas

  1. Roberto López López
    Xul 17, 2019 - 01:18 PM

    Pequeno concello lucense??? O máis extenso da Galiza!

    Reply
    • Xornal de Lugo
      Xul 17, 2019 - 01:38 PM

      Efectivamente, en extensión así é.

      Reply
    • Andrés Fernández
      Xul 17, 2019 - 03:49 PM

      Fai unhos100 anos era o quinto mais poboado de Galicia, o de pequeno sigue a sobrar.

      Reply
    • Roberto López López
      Xul 17, 2019 - 03:55 PM

      Andrés Fernández, aínda hoxe en día estaría na metade da táboa para arriba no conxunto dos concellos da provincia de Lugo.

      Reply
    • Andrés Fernández
      Xul 17, 2019 - 03:57 PM

      Roberto López López Así é

      Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com