O Goberno da Deputación aprobou esta mañá na Xunta de goberno o Lugo Termal 2017, o programa do executivo provincial co que ofrece descontos de máis de 60 euros aos lucenses maiores de 55 anos para desfrutar nos balnearios da provincia de paquetes de saúde mineromedicinal e benestar.
O executivo provincial leva a cabo este programa por sétimo ano consecutivo despois de que 5600 persoas puideran xa beneficiarse destes descontos. Os balnearios que entran no programan son o de Pantón, Palas, Guitiriz e Lugo. Asemade, a Deputación oferta tamén atención personalizada y especializada a persoas con mobilidade reducida.
Os paquetes nos que se ofrecerán descontos son os seguintes: 6 días con 5 noites de estancia, no que o día de entrada é o domingo e o de saída o venres. Inclúese a comida, 5 pensións completas, 8 técnicas de balneario. Os establecementos deberán ofrecer 1 recoñecemento médico á chegada. Tamén un programa de animación sociocultural de luns a xoves. En anteriores convocatorias, tamén con descontos da Deputación de máis de 60 euros, conseguíronse prezos de 70 euros sen estancia e de 170 con ela.
Noutro orden, o equipo de goberno adxudicou a posta en valor e o mantemento dos hortos urbanos do río Rato e de Paradai, cun total de 10 mil metros cadrados a unha empresa que deberá pór a disposición un xardineiro e un técnico agrícola ademais de dar formación aos usuarios.
A Xunta de Goberno resolveu a contratación de 4 desempregados lucenses que comezarán a traballar, nos vindeiros días, de camareiro en Navia de Suarna, oficial de 2ª de construción na Pontenova, 1 axudante de cociña en Folgoso do Courel e 1 técnico en actividades físico- deportivas en Burela, a través do Ben Empregado 3. Máis social!