Aprobados os Orzamentos do Concello a pesar do non do PP

O Pleno do Concello de Lugo vén de aprobar esta mañá o proxecto de Orzamentos para 2020 presentados polo goberno local. Os votos dos membros do bigoberno, PSOE e BNG, foron suficientes para sacar adiante esta proposta orzamentaria que entrará en vigor dende o vindeiro 1 de xaneiro.

Entre as partidas máis destacadas neste documento, está a peonalización da Mosqueira á que dedican un total de 800.000 euros dos que 200.000 irán destinados a realizar os cambios necesarios na contorna para conseguir modificar o tráfico. Outra das melloras que pretende executar o Concello o vindeiro ano, é a substitución das tubaxes de fibrocemento na rede de abastecemento da cidade, un proxecto que se contempla cun presuposto de máis de 1 millón de euros.

En total, as contas municipais superan os 100 millóns de euros. Destes, a partida adicada ás políticas sociais lévase máis de 28 millóns de euros e máis de 8 millóns de euros serán dedicadosá creación de emprego, 6,5 millóns para persoas con menos recursos e 3 millóns de euros irán para servizos sociais, entre outros. O goberno local, ademáis, dedica máis do 10% dos presupostos a investións.

O PP votou en contra deste proxecto tras criticar que “a alcaldesa non falou con nós en ningún momento” ironizando con que “agora ao bigoberno se lle acaban as excusas para non executar investimentos no municipio”. O voceiro dos populares manifestou que o Grupo Popular non apoia os orzamentos que se presentaron porque “non dan resposta ás necesidades reais dos veciños e veciñas de Lugo; porque disparan o gasto corrente; reducen os investimentos; presentan unhas previsións irreais e fomentan a privatización de servizos”.

Pola súa banda, o outro grupo da oposición, Cs, abstívose nesta votación lamentando tamén que o goberno non falara con todos os grupos para conformar este documento presupostario. Asemade, a oposición criticou as previsións orzamentarias advertindo dun posible desfase de 16 millóns de euros que a propia rexedora consultou co interventor municipal. O traballador municipal asegurou que, se houbera tal variación, estaría reflexado no correspondente informe.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 28, 2019 - 02:22 PM

    Por fin!!!!! Ahí desatranco

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com