Aprobados os pregos de licitación para o Plan de Tráfico da Milagrosa

O Alcalde en funcións do Concello de Lugo anunciou esta mañá que o Goberno local vén de aprobar os pregos de licitación dun procedemento aberto simplificado, por un custe de 67.696€, das actuacións para o novo Plan de Tráfico do barrio da Milagrosa. Segundo explicou, as actuacións terán un prazo de execución de 2 meses “e mellorarán a circulación do tráfico e a seguridade vial na zona”.

O tenente de alcalde indicou que “entre as actuacións previstas para mellorar a seguridade dos veciños e veciñas da zona está o desprazamento de varios pasos de peóns”. Ademais, “reordenaremos o tráfico para aumentar a súa
fluidez”. Asemade, o goberno anunciou que na Avenida da Coruña, modificarase o acceso á praza Agro do Rolo, a través dunha nova incorporación, a cal agora está habilitada provisionalmente para os buses urbanos.

O representante do goberno local indicou que noutras rúas mudarán o sentido da circulación, entre elas, as rúas Xulia Minguillón e Mallorca cambiarán de sentido “creando así unha supermazá que una a avenida da Coruña e Yañez Rebolo, permitindo o xiro en sentido horario”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com