A Biblioteca Pública Miguel González Garcés, de A Coruña, acolleu hoxe a presentación da mostra itinerante “Aquela nena de Sarria”, un proxecto desenvolvido polo Colectivo Egeria para dar a coñecer a figura de Xela Arias, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, e que conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, e a colaboración do Concello de Sarria e a Real Academia Galega.
Participaron no acto Marisol González Regal, directora da Biblioteca, Antón Tenreiro e Clara Blanco, membros da Nova Poesía Guitírica e participantes no proxecto, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria. A mostra permanecerá na Biblioteca ata o luns 26 de abril.