Arcebispo de Santiago será o pregoeiro de “O Nadal en Begonte”

O novo Arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, será o pregoeiro do Nadal de Begonte na súa 52ª edición. A directiva do Belén de Begonte púxose en contacto con Monseñor Prieto para “darlle a benvida ao goberno da Arquidiocese e de paso, convidalo a ser o pregoeiro de O Nadal en Begonte”. O prelado, tal e como informan fontes da organización do Nadal begontino, aceptou con agrado o convite, sinalando que tiña noticias do Belén (mesmo referíndose á denominación de “Begonte do Belén”), agardando máis adiante ter unha reunión e así ir coñecendo o ambiente que envolve ao Belén electrónico. O devandito acto celebraráse vindeiro 2 de decembro.   

Segundo informan os responsables, “a aceptación do novo Arcebispo enche de ledicia ás xentes do Belén, e significa a continuación da tradición de que os últimos arcebispos de Compostela, como os últimos bispos de Mondoñedo-Ferrol e os últimos de Lugo fosen pregoeiros do Belén e do Nadal en Begonte”.

— 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com