Archivada a causa contra Lara Méndez e López Orozco

Este venres o Xulgado de Instrución número 1 de Lugo ditou o acto no que se decreta o sobresemento da causa contra Lara Méndez e o exalcalde José López Orozco.

O sindicato CSIF fora quen presentara a denuncia perante o xulgado, no que se querelaban contra o exalcalde José Clemente López Orozco, a actual alcaldesa Lara Méndez e unha funcionaria, polos presuntos delitos de malversación e prevaricación de fondos públicos a consecuencia do nomeamento do posto de letrado asesor do Concello de Lugo. O posto fora cuberto en varias ocasións en réxime de comisión de servizos e prórrogas, segundo se indica no auto, estas actuacións foran anuladas por diversas sentencias dos xulgados do Contencioso-administrativo e do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O xulgado de instrución número 1 de Lugo entende que  existindo quebranto da legalidade, os presupostos non se poden cualificar como de prevaricación ao concorrer diversa circunstancias especiais que fan que non exista responsabilidade penal.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com