Arde un galpón por completo en As Nogais

Un incendio calcinou un galpón por completo no termo municipal das Nogais. Segundo xe lle indicou ao 112 Galicia, o lume colapsou a estrutura do alpendre.

Os feitos ocorreron na parroquia de Noceda, no lugar de Ferreiras, xusto ao lado da N-VI.

Un particular daba a voz de alarma ao 112 Galicia ás 14:55 horas. A partir de aí desde a central do 112 pasouse o aviso enseguida aos Bombeiros de Sarria, aos efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Becerreá e á Garda Civil.

Finalmente, os membros do GES sufocaron o lume e arrefriaron a zona para evitar que o incendio se volvese a reavivar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com