Os feitos sucederon no lugar da Pedra, na parroquia de Freixo.
O 112 Galicia tivo coñecemento do incendio a través dos voluntarios de Protección Civil da Fonsagrada, ao fío das 10:00 horas. Segundo indicaron, no lugar se atopaban varios operarios do Concello cunha motobomba para extinguir as lapas. Engadían que descoñecían si algunha persoa podía atoparse no interior.
Con estes datos, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Sarria, da Garda Civil e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Segundo deron conta os membros de Protección Civil ao 112 Galicia, ningunha persoa se atopaba no interior do inmoble e tamén indicaron que o teito da vivenda colapsara.
Pola súa banda, os Bombeiros de Sarria sufocaron o lume e levaron a cabo tarefas de arrefriamento nas zonas afectadas. Ademais, aseguraron a casa ante a posible caída dalgún cascallo.