Arde un alpendre con maquinaria agrícola en Monforte de Lemos

A alerta chegou ao 112 Galicia pasados uns minutos da medianoite, a través da chamada dun particular que informaba de que un alpendre situado ao carón dunha vivenda no lugar de Campelo, na parroquia de Monforte de Lemos estaba ardendo. No seu interior, segundo explicou, había maquinaria agrícola, vehículos e outros enseres.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia mobilizáronse de inmediato os Bombeiros de Monforte, a Policía Nacional e Local, así como efectivos de Protección Civil.

A intervención prolongouse debido ás características do lume, que xa está controlado, aínda que os servizos de extinción continúan traballando para evitar posibles rebrotes. Segundo indicaron os Bombeiros, ardeu un tractor, diversa maquinaria agrícola e bolos de herba almacenados no interior da estrutura. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com