Arde un camión de madeira na A-8, en Mondoñedo

Un camión cargado con madeira comezou a arder cando circulaba pola A-8, ao paso polo concello lucense de Mondoñedo. O incendio queimou a cabeza tractora do camión e parte do remolque. Ademais, a intensa fumareda provocou que se interrompese o tráfico e se formasen importantes retencións. 

Segundo o servizo de emerxencias 112, os Bombeiros de Barreiros desprazáronse até o lugar dos feitos, no quilómetro 536 da da A-8. Finalmente conseguiron sufocar as lapas case dúas horas despois de activarse a alerta, pasadas as cinco da tarde.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com