Arde un forno na fábrica de Ingapan en Outeiro de Rei

Susto esta mañá na fábrica de Ingapan, en Outeiro de Rei, logo de que un dos fornos da factoría ardera por completo. Con todo, non houbo que lamentar danos persoais e as perdas materiais se cinguiron ao forno industrial.

Os Bombeiros de Vilalba aseguráronse de baixar a temperatura o suficiente para garantir a seguridade da nave, que, segundo indicaron, está xa fóra de perigo.

Unha persoa particular alertou ao persoal do 112 Galicia cando pasaban quince minutos das dez desta mañá. Deseguido, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias informaron aos efectivos do parque de Vilalba e aos axentes da Garda Civil. Tamén, se enviou aviso aos Bombeiros de Lugo, que descartaron acudir cando os bombeiros de Vilalba confirmaron que había recursos suficientes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com