Un incendio calcinou na súa totalidade unha palleira no concello de Paradela. Ningunha persoa resultou ferida, iso si, arderon os rolos de herba que se almacenaban no seu interior.
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Sarria, nada mais ser alertados polo 112 Galicia. Tamén foron alertados a Garda Civil, os efectivos do Servizo de Emerxencias Supramunicipal, persoal do Concello e do Servizo Provincial de Incendios Forestais.
O incendio comezou sobre as 21:15 horas da pasada noite. A esa hora, un particular indicaba ao 112 Galicia que ardía un alpendre ocupado antigamente por animais e no que actualmente só se almacenaban rolos de herba, en As Bustaregas, en Castro de Rei de Lemos.
Aínda que o lume quedou totalmente extinguido, os profesionais de extinción indicaron que ao longo do día de hoxe vixiarían a zona para evitar que se reavive.