Un total de cinco turismos arderon esta madrugada no termo municipal de Mondoñedo. Os feitos ocorreron nunha leira aberta da Avenida de San Lucas, á altura do número 39. Os turismos estaban aparcados dentro dun garaxe, cuxo teito colapsou.
Varios particulares alertaron ao 112 Galicia ás 1:30 horas. Indicaban que vían lume ao lado dunha casa nunha explanada nesa zona.
Acto seguido, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia se poñía a situación en coñecemento dos Bombeiros de Barreiros, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico.
A dotación, tras controlar o lume, eliminou os escombros. Un retén dos membros do equipo de extinción permaneceu no lugar supervisando o lugar do incendio.