Os servizos de extinción apagaron esta mañá un lume localizado nun almacén de herba seca na parroquia de Vilamaior de Negral, no concello de Guntín.
O CIAE 112 Galicia tivo coñecemento do suceso a través da chamada dun particular ás 8:40 horas desta mañá. Desde ese momento e ata preto da unha desta tarde, os efectivos dos servizos de extinción e salvamento traballaron para apagar as lapas que afectaron a toda a palleira.
Para asegurarse da completa extinción do lume, os bombeiros retiraron do interior da estrutura toda a herba seca. Por fortuna, ninguén resultou ferido.